viernes, 20 de marzo de 2009

Flor do toxo



Chorimas amareliñas
bágoas de raios de Sol,
púxovos Deus nas toxeiras
por entremedias de espiñas.
Medrades silvestres, ceibes...
nos bicos dos toxos verdes,
as saraibas non vos tollen
nin vos murchan as raxeiras.
O chega-la Primavera
floriñas pequerrechiñas
sodes sorrisos nos montes
envexa das estreliñas.
Non me espiñe "Sr. Toxo"
se collo as súas chorimas
pois eu xa teño dabondo,
espiñada, a vida miña.

3 comentarios:

  1. Miña nai, collerei esas chorimas para ti. As espiñas que queden no monte, que na vida fan falla o calor, o cariño e tantas cousas boas

    ResponderEliminar
  2. Vin enganado, dixéronme que escribías versos pero eu vexo o vento morno no monte, vexo un manto marelo que glorifica o verde, vexo voar as palabras pola alma coma un colibrí inquedo e doce, vexo unha chuvia de chorimas bañando a tua faciana leda. Vexo unha poetisa. Un bico Pepita, xa son o teu segundo seguidor.

    ResponderEliminar