miércoles, 6 de mayo de 2009

Muller Labrega




Dende o mencer ata a noite
as mulleres de Galicia,
van facendo ano tras ano
rudos traballos de home.
Van arando e sementando,
cavando a horta cóa eixada,
sachan, sulfatan, arxonan,
rozan toxo, apañan herba,
cargan o carro coas gallas...
Ó voltar polo camiño
diante do carro de bois,
cóa aguillada na man,
tran arrecendo de estrugas,
de toxos e xestas murchas...
Tripando a lama cos zocos
e cóas costas eslombadas,
pensan nas duras tarefas
que as agardan na súa casa
destinadas tamén as mulleres.
Cociñar, lavar, fregar,
coidar os fillos e enfermos,
remendar, pasar o ferro,
amasar, cocer o pan,
acomodar a facenda...
¡ E en acabando a xornada
volta de novo a empezar!
Mulleres traballadoras,
mulleres escravas,
campesiñas , labradoras,
boas nais, fillas e mulleres;
a vosa fe e fortaleza
son cadieiros de esperanza
que acenden lumeiriñas
por entremedias das penas.
Sodes vellas como o mundo,
fillas da terra "Galega"
conservadoras da Lingua
da cultura e tradicións.
¡Voso traballo mulleres,
non remata endexamais!

5 comentarios:

  1. Un grato pracer atopar a túa páxina. Parécenos unha boa iniciativa e un exemplo para todos. En nome do grupo, que se honra ca túa presenza, noraboa. Desexamos co teu blog acade os éxitos que sen dúbida mereces. Unha aperta de teus compañeiros do Grupo Brétema. Seguiremos o teu proxecto (blog) con grande interese.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo voso apoio a este pequeno recuncho.
    Unha aperta para todos vos

    ResponderEliminar
  3. Miña nai, ti sabes ben deses traballos que viviches vida de aldea e de cidade. O espirito dese tempo , dese sacrificio o levas toda a vida
    marcado na tua pel.
    Correron as bagoas ao pasalo a este espazo.
    Nin mil bicos e aloumiños poderán servir de galano por todo o que levas feito por todos nos.

    ResponderEliminar
  4. Que bello amiga.
    Gracias por esa dosis de paz
    Desde Argentina te saluda
    Lydia raquel Pistagnesi

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar